...É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación durante a infancia e adolescencia, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respecto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.
"Concibo a educación sexual como unha educación relacional e sentimental, na que está implicada - en moi diversos graos e dependendo da idade, o grupo social e o xénero - a sexualidade, é dicir ó ser na súa totalidade, cos seus pensamentos, os seus desexos, emocións, experiencias corporais, imaxinario, expectativas e proxecto de vida"
Charo Altable (2000)
A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e, é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable...
Resultado de una encuesta sobre conocimientos y hábitos sexuales de adolescentes Gallegos.
RESULTADOS ENQUISA SEXUALIDADE E ADOLESCENCIA
Os días 9 e 10 de agosto participamos no 1º Encontro da "A Axenda Femnista: A 4ª ola" celebrado no CEE de Panxón-Nigrán
Durante estas Xornadas A Sociedade Galega de Sexoloxía encargouse de organizar o grupo de traballo que, baixo o titulo "Educación Sexual e Igualdade, como chave para a saúde sexual na propia biografía", neste 1º encontro, abordou a Educación. Desde a Educación como ferramente imprescindible para o cambio social, fixose revisión as diferentes formas de educar nos últimos anos, desde os centros educativos as redes. Aportáronse modelos alternativos, visibilizando experiencias innovadoras de educar desde o ensino, desde a propia xuventude, a familia ou a administracción... A mesa, coordinada por Purificación Leal, presidenta de SOGASEX e vicepresidenta da REGAI, contou coas relatoras María Luisa Abad, orientadora escolar; Lola Varela, directora do Instituto Español Melchor Jovellanos; Chis Oliveira, catedrática de filosofía e coordinadora de COMANDO IGUALDADE ; Vanessa Rodríguez, vicepredidenta de SOGASEX e directiva ASEIA e Ana Cardoso, técnica de educación e igualdade do Concello de Allariz.
A modo de breve conclusión, destacamos deste balance e reflexións:
-A necesidade de incluir a perspectiva de xénero e sexolóxica en tódolos eidos formativos, na comunidade en xeral e en particular nxs axentes sociáis, e manter diálogos constantes con tódalas narrativas seguindo o modelo de educación desde a propia biográfia e cuestionando os discursos androcéntricos que prevalecen na maneira de educar.
-A necesidade de incluir no curriculum escolar (desde infantil a formación superior) a educación sexual xunto coa coeducación. Implantar en todolos centros de ensino os plans de igualdade, dotación de orzamento propio, horarios específicos, formación do profesorado e das directivas, animar as mulleres a estar nas directivas....
-A necesidade de visibilizar e replicar proxectos coeducativos e de educación sexual que estánse levando a cabo en diferentes comunidades, e algúns realizados polas propias poñentes na nosa comunidade galega. Resaltamos a mocidade e súa gran capacidade de transformación social patente no PROXECTO BATAS ou a través do COMANDO IGUALDADE; as mulleres no proxecto comunitario DOULAS SORORAS; ou as familas como motor de cambio a través dos obradoiros levados a cabo desde ASEIA.
Desde SOGASEX o noso más sincero agradecemento a tódalas persoas que nos acompañaron neste espazo feminista, e a REGAI por permitirnos aportar o noso coñecemento e reivindicacións.
Deixámosvos algunhas fotos das persoas que participamos neste grupo de traballo (ademáis das compoñentes da mesa estiveron Bibiana Peixoto, Lourdes Rodríguez, Raquel Doval, Concepción Estevez, Franco Tedesco e Flavio Dragoset), da xornada, así como o programa destas interesantes Xornadas organizadas pola Rede Galega Pola Igualdade, onde se comenzaron a recoller, desde distintos grupos de traballo e asociacións, necesidades detectadas e propostas para elaborar unha axenda feminista galega.
*PD: Por último, desde Sogasex, plantexámosnos a necesidade de contextualizar a Educación Sexual para que deixe de estar ignorada e rexeitada. A necesidade de cuestionar a rixidez dos referentes verticáis que dota de normalidade o feito sexual e naturaliza os modelos heteronormativos. Reivindicamos a formación en Sexualidade para a comprensividade tanto individual como colectiva, e construirnos libre e responsablemente.
A Sociedade Galega de Sexoloxía foi de aval de S.E.X.
S.E.X, unha webserie sobre educación sexual para adolescentes.
Producida por Illa Bufarda en colaboración con ASEIA e apoiada por SOGASEX e a Fundación PAIDEIA
CAPÍTULO 1 Pop Porn
CAPÍTULO 3 As primeiras veces
CAPÍTULO 5 A revolución dos corpos
CAPÍTULO 2 A Virxindade: o súper fake
CAPÍTULO 4 Erotismo DIY
CAPÍTULO 6 Somos S.E.X.