ACTUALIDADE

Presentación da II Semana da Diversidade Sexual de Nigrán

21 y 22 de Maio 2021 no Auditorio de Nigrán


O esquema monosexual, validado polos mandatos de xénero, non nos permitíu ter representacións da diversidade sexual. É por iso que hai relatos e expresións que estiveron silenciadas, oprimidas, mesmo violentadas. É polo que siguen existindo moitos mitos sobre a sexualidade, afectividade e erótica das persoas con diversidade funcional; moitas barreiras que condicionan a satisfacción das súas necesidades afectivas e sexuais; e moitas dificultades que limitan os seus dereitos sexuais e reprodutivos.


A nosa proposta, nesta 2ª Semana da Diversidade Sexual de Nigrán, é proporcionar unha dieta saudable de imaxes e narrativas, que nos permita visibilizar algunas sexualidades non normativas; outros corpos, identidades, afectos e eróticas sexuais que se escapaban ao modelo reprodutor-produtor patriarcal; e poder contribuir a que cada persoa poida escribir a súa propia biografía sexual e que conte con un axeitado acompañamento e una educación afectivo sexual encamiñada a vivir e a expresar a súa sexualidade.

 

Gustaríanos moito contar coa túa presenza, presencial ou virtual!

DESCARGAS PDF

 
 
 
 

Para participar vía streaming rellena este formulario o envíanos un email a eventossogasex@gmail.com

1ª Semana da diversidade sexual de Nigrán 13 de xuño 2020

Nesta primeira semana abordamos as Identidades Sexuáis. Por mor do coivd19, foron fragmentadas. O día 13 realizamos una Xornada en formato online, e aprazáronse para Setembro parte das actividades que tiñamos pensado levar a cabo, por ser presenciáis.

Conversas coa transexualidades

Isidro García Nieto/

Xornada completa da 1ª semana da diversidade sexual

Diversas formas de educar na diversidade. 

Vanessa Rodriguez Pousada/

Concepción Estevez Villar/

Karina Bacelar Pereira

Conversas coa transexualidades

Ada Otero Huertas/

Exposición de Chrysallis e ignauguración de Banco. Un percorrido polas transexualidades.

Soledad Fernández Costas/

Conversas coa transexualidades

Inés del Rio Pastoriza/