¿QUEN SOMOS?

Sociedade Galega de Sexología

SOGASEX

SOGASEX


A Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) foi creada en 1986 con sede provisional no Colexio de Psicoloxía de Galicia. Naceu coa finalidade de promover en Galicia o desenvolvemento da Sexología en diferentes áreas como puidesen ser investigación, educación, orientación e terapia. O 30 de maio de 1987 constitúese en Santiago de Compostela a 1ª Xunta Directiva Oficial dá Sociedade, presidida polo psicólogo Miguel Anxo García Álvarez. O 26 de febreiro de 1994 é renovada a Xunta Directiva e trasladada a súa sede á cidade de Ourense, sendo o seu presidente o xinecólogo José Luis Doval Conde. En 1998 de novo renóvanse cargos da Directiva e trasládase a Pontevedra, quedando á fronte da Sociedade o andrólogo Manuel Varela Salgado, que a presidirá ata o 14 de outubro de 2016, data en que ocupará o cargo o psicólogo Emilio López Bastos, ata o 26 de abril de 2019 en que se celebran novas eleccións.


As actividades dá SOGASEX ao longo destes anos foron múltiples. Abordáronse temas centrados na Educación Sexual, Saúde Sexual e Reprodutiva, Terapia Sexual, Diversidade Sexual, Investigación ou a Arte e Cultura. Realizáronse espazos de encontro e de intercambio de saber e coñecementos a través de obradoiros, charlas, xornadas e congresos. Colaboracións coa Xunta de Galicia, concellos, centros de ensino e universidade, centros sanitarios e sociáis, asociacións culturáis e vecináis, así como cos medios de comunicación e laboratorios. Apoio a estudos de investigación e publicacións. Organizáronse concursos de relatos breves e de dibuxo; presentacións de libros e súas autoras e autores na nosa Comunidade Galega…


Adherida desde 1988 a Federación Española de Sociedades de Sexoloxía (FESS), e durante varios anos as revistas SEXPOL e Sexualidade Integral; ao longo do seu percorrido firmáronse acordos de colaboración puntuáis con diferentes colexios profesionáis e asociación, e nos últimos anos a adhesión con algunas entidades feministas que loitan pola igualdadde e a pluralidade. No momento actual, de expansión de modelos de diversidade sexual que conviven simultaneamente con outros modelos tradicionáis de entender e vivir a sexualidade, SOGASEX segue abrindo o enfoque para que tódalas narrativas poidan construírse como sexualidades saudables.

 

Xunta directiva actual:

Presidencia: Purificación Leal Docampo

Vicepresidencia: Vanessa Rodríguez Pousada

Secretaría: Soledad Fernández Costas

Tesourería: Lourdes Rodríguez Montes

Vogalías:

David García Díez

Raquel Doval López

Emma Placer Noriega

Franco Tedesco Martín

Concepción Estévez Villar

Karina Bacelar Pereira

PRESIDENTE DE HONRA

Xaquín Villar Calvo

Enfermeiro e sexólogo. Socio fundador e membro vitalicio de Sogasex


SOCIOS DE HONRA

Manuel Varela Salgado

Uroandrólogo e Presidente de Sogasex durante 18 anos

Manuel Lucas Matheu

Médico e sexólogo. Presidente da Sociedad Española de Intervención en Sexología.

Membro vitalicio da Academia Internacional de Sexología Médica e colaborador de Sogasex